QUE É O FESTIGUAL:

FESTIGUAL celebra este ano o seu quinto aniversario. Cinco anos visibilizando o traballo de todas as persoas e entidades que loitan cada día por unha cultura máis aberta, con menos barreiras e que inclúa todas as formas de percibir a realidade.
FESTIGUAL é un escaparate imprescindible para que todo ese traballo de fondo, de ensaios e procesos creativos que conleva calquera actividade artística, se expoña ante o grande público.
Independentemente das nosas condicións físicas ou cognitivas, reivindicamos o dereito ao pleno goce da cultura. Queremos espazos normalizados para as nosas manifestacións artísticas e culturais fóra do circuíto terapéutico ou ocupacional. Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.

PROGRAMACIÓN 2021

descarga aquí o programa

9 de novembro

• Exposición “NÓS WHY NOT”
Do 14 de novembro ao 3 de decembro
Nas rúas da Coruña

• Obradoiros de Dj Inclusivo (Negus)
18.00 h a 20.00 h / Entrada de balde
Aula 11. Centro Ágora

• Invisibles (Redrum)
20.00 h
Teatro Rosalía

10 de novembro

• Bailar o teu Barrio (Diversos)
20.00 h / Entrada de balde
Domus

11 de novembro

• Orquestra Basket Beat
20.00 h / Entrada de balde
Teatro Colón

13 de novembro

• Elaboración de Graffiti Inclusivo (Participa)
10.00 h a 14.00 h / Entrada de balde
Mercado de Palavea

15 de novembro

• Inauguración exposición “Toca lo natural” de Poten100mos
Ata o 20 de decembro.
Centro Ágora

16 de novembro

• Obradoiros Dj Inclusivo (Negus)
18.00 h a 20.00 h / Entrada de balde
Aula 11. Centro Ágora

18 de novembro

• Barbarroja (Fundación DISA Canarias)
20.00 h / Entrada de balde
Teatro Colón

20 de novembro

• Xornada para a visibilización da arte e a creación como ferramenta para a saúde comunitaria
10.00 h a 14.00 h / 16.30 h a 19.30 h / Inscricións en festigual.coruna@gmail.com
CONSULTA AQUÍ O PROGRAMA
DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA
Fundación Luis Seoane

23 de novembro

• Obradoiros Dj Inclusivo (Negus)
17.00 h a 19.00 h / Entrada de balde
Aula 11. Centro Ágora

• Habitados (Experimentadanza)
20.00 h / Entrada de balde
Teatro Rosalía

27 de novembro

• Visita virtual Amigos do Museo de Belas Artes
12.00 h a 14.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora

• MetaMorfosis (Poten100mos)
11.30 h / Entrada de balde
Centro Ágora

• “Proxección de audiovisuais das actividades de Deseño e Son” da Asociación cultural Zalaeta
12.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora

• Concerto MIP. Músicas Inclusivas e Participativas con Robert Pier (Tres x Cuatro)
13.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora

• Pinchada Inclusiva (Negus)
17.30 h a 19.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora

• Teatro inclusivo do grupo de teatro adolescente Noites de Bohemia con Bernarda Alba
17.30 h / 18.30 h / 19.30 h / Entrada de balde
Centro Ágora

• Contacontos inclusivo en língua de signos española a cargo de “Polo coreo do vento”. Conto: “A volta ao mundo de Working Wheels”
19.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora

CONCERTO TANXUGUEIRAS
20.00 h / reserva a túa entrada en
https://www.inscribirme.com/tanxugueirasenconcertoenfestigual2021
Centro Ágora

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA

Unha mirada dende a diversidade de Nós Why Not

“Unha mirada dende a diversidade” presenta obras de fotógrafos e fotógrafas de NÓS WHY NOT, a primeira axencia de fotografía de persoas con discapacidade intelectual. Profesionais que demostran que a fotografía pode ser unha paixón, unha profesión e unha ferramenta perfecta para acadar a inclusión. 

*As fotografías foron realizadas no marco do Obradoiro de Fotografía Inclusiva con Enfoque Profesional da Fundación María José Jove.

DIANA SHEVCHENKO
“Reflejo”

Namorada da arte conceptual e dodebuxo, Diana Shevchenko presenta asúa obra Reflejo. A través das súasfotografías esta artista descubre un novomundo onde a creación deoportunidades é posible.

AARÓN REY
“Ondas al sol”

Aarón Rey está dando os seus primeiros pasos na fotografía profesional. A súa obra Ondas al sol é só unha pequena mostra do seu traballo, que demostra que a perseveranza, a práctica e o estudo da disciplina dan os seus froitos. 

SASHA LÓPEZ
Un viaje mágico

A través de fotografías como Un viaje mágico, Sasha López sempre procura un novo punto de vista da realidade. Esa inquedanza e a súa paixón pola natureza levárona a percorrer Europa, onde colaborou coa asociación estadounidense Connectability facendo un libro fotográfico. 

ÁLEX LUGRÍS
Ufana

Activo. Esa é a palabra que mellor define a Álex Lugrís. É un apaixonado do deporte e da fotografía, dous hobbies que actualmente compaxina con outros traballos. Os animais é as prantas, comoesta Ufana, son as súas musas.  

LUIS CORRALIZA
“Puerta al cielo”

Nas súas obras Luis Corraliza xunta as súas dúas paixóns: a fotografía e o Dépor. Hai tempo que descubriu que a cámara é un medio perfecto para achegarse ao fútbol pero tamén ás paisaxes da Coruña, como vemos en Puerta al cielo. 

GLORIA COUSILLAS
“Belleza trepadora”

Gloria Cousillas explora novos formatos realizando fotografías co seu teléfono móbil. A cociña, as imaxes de paisaxes e descubrir novos lugares son as súas paixóns, como pode verse na obra Belleza trepadora.  

COMO FORON AS EDICIÓNS ANTERIORES?

FESTIGUAL 2020

Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image

FESTIGUAL 2019

Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.
QUEREMOS CULTURA
QUEREMOS FESTIGUAL

Festigual

3 weeks 21 hours ago

👀 𝐌𝐈𝐑𝐀𝐃𝐀𝐒 𝐃𝐈𝐕𝐄𝐑𝐒𝐀𝐒 𝐀 𝐂𝐎𝐑𝐔𝐍̃𝐀 Porque diversas son as formas de mirar a nosa cidade. 🤜Volven os obradoiros de creación audiovisual en colaboración con APEM

Festigual

1 month 2 weeks ago

🟢🟦🔶 Deixémonos levar pola #creatividade que no muro caben moitas cores! 🧑🎨👩🎨 Ben o saben os cativos e cativas que estiveron este ano no 'Grafiti

Festigual

1 month 3 weeks ago

🟢🟪🔷 Esta semana celebramos o Día Mundial da Arte. Arte como actividade humana e universal. Arte sen barreras e con infinitas posibilidades. Artes inclusivas. #Festigual

Festigual

2 months 3 days ago

🟥🔷🟡 A cultura debe ser inclusiva cada día. E así o reivindicamos ✊ Negus Asc Cult continúa cos obradoiros de #DJInlclusivo que tanto nos fan

Festigual

6 months 2 days ago

Onte pechamos o #Festigual por todo o alto 🎶 Foi moi emocionante ver Juan Manuel Montilla (El Langui) onte no Centro Ágora. “El Langui” segue

Organizan:

imaxe do logotipo do concello da coruña
imaxe do logotipo da fundación emalcsa
Colaboran:

imaxe do logotipo da fundación maría josé jove
imaxe do logotipo de vegalsa
Xestiona:

imaxe do logotipo de culturactiva