II EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO
DAS ARTES E A CULTURA INCLUSIVAS
FESTIGUAL 2021

Que é para ti a cultura inclusiva? Coñeces algún exemplo de actividade artística inclusiva e accesible? Que imaxes representan para ti a inclusión nas artes? Queremos sabelo! Por iso lanzamos a II Edición do Concurso Fotográfico das Artes e a Cultura Inclusivas.
Os gañadores e gañadoras participarán na vindeira edición do Festigual, o festival de artes pola inclusión social, e recibirán entradas a Termalia Casa del Agua. As pezas seleccionadas conformarán unha exposición fotográfica que formará parte do Festigual 2022.

Como participar?

Calquera persoa, colectivo ou asociación poderá presentar todas as fotografías que queira. Para participar haberá que subir as imaxes a Facebook ou Instagram (en perfiles públicos) etiquetando a @festigual e utilizando os hashtags #ConcursoCulturaInclusiva e #Festigual2021
Cada imaxe deberá ir acompañada dun título.
O prazo para participar será do 8 ao 30 de novembro ás 23:59 h. As pezas gañadoras comunicaranse o día 3 de decembro en todas as redes de Festigual.

Quen pode participar?

O concurso está aberto a todo o mundo: tanto a colectivos (asociacións, escolas, centros ocupacionais…) e entidades, como a persoas individuais, xa sexan aficionadas ou profesionais.

Como deben ser as fotografías?

A temática das fotografías será a Cultura e as Artes Inclusivas. Cada particpante será libre de interpretar e representar ese concepto da forma que mellor considere.
Para poder participar no concurso as fotografías deberán enviarse a máxima resolución co tamaño orixinal do dispositivo co que foi feita, e no caso de ser seleccionadas deberán ser enviadas por email xunto cos datos do autor ou autora.
Todas as imaxes deberán ser orixinais e non copias ou apropiacións de terceiros.
As imaxes que non cumpran ditos requisitos quedarán fóra do concurso.
Pero queremos que o certame estea aberto a todo o mundo, polo que se non tes unha boa cámara, non te desanimes, no Festigual tamén temos un espazo para ti! Bota man do móbil para tomar as fotografías e súbeas ás túas redes.
Etiqueta a @festigual e coloca o hashtag #Festigual2021. Aínda que non entren a concurso, compartiremos as túas imaxes no noso Facebook e Instagram.

Deliberación e premios

As fotografías gañadoras serán expostas no Festigual 2022, pasando así a formar parte do festival polas artes inclusivas que cada ano reúne na Coruña a asociacións e entidades que traballan por unha cultura máis inclusiva e accesible.
Un xurado desginado pola Fundación Emalcsa encargarase de seleccionar as 10 mellores fotografías. Ademais, a imaxe con máis Gostos nas redes recibirá o “Premio do Público”, e formará tamén parte da exposición física do Festigual 2022.

Así, haberá:
● 10 fotografías gañadoras que se convertirán nunha exposición no Festigual 2022
● 1 fotografía que recibirá o Premio do Público e que tamén formará parte da exposición

Unha vez seleccionadas as pezas gañadoras e o Premio do Público, contactarase cos autores e autoras, que deberán enviar as imaxes por mail xunto cos seus datos.
En caso de non conseguir contactar coas persoas gañadoras nun prazo de 10 días, o xurado escollerá outro/s traballo/s como premiado/s.

Dereitos e responsabilidades

As persoas ou entidades participantes serán as únicas responsables dos contidos e mensaxes que aparezan nas fotografías presentadas ao concurso.
Cada participante será responsable das posibles vulneracións de dereitos de imaxes, protección de datos, honor e intimidade ou calquera outro dereito propiedade dun terceiro que poida ser vulnerado coas imaxes presentadas.
Festigual e as empresas organizadoras quedan así indemnes de calquera responsabilidade que se desprenda de ditas posibles vulneracións.
A participación no II Concurso Fotográfico das Artes e a Cultura Inclusivas supón a cesión dos dereitos de explotación das imaxes e a aceptación de que, no caso de resultar gañadoras, formen parte da exposición fotográfica do Festigual 2022. Neste sentido, Festigual poderá utilizalas en actos promocionais ou cedelas a terceiros co obxectivo de facer difusión da exposición. Isto non supón en ningún caso a renuncia dos dereitos de autor, que serán, por suposto, da persoa autora da obra.
Festigual resérvase o dereito de eliminar do concurso aquelas imaxes que considere ofensivas, denigrantes, que non cumpran os requisitos descritos nestas bases ou calquera contido que implique unha responsabilidade penal ou civil.

A participación no concurso implica automaticamente a aceptación destas bases.

I Concurso de Fotografía Inclusiva 2020

Más allá de lo que ven tus ojos de Paula Verde Francisco

Premio do Público

Inmersos de Luis Taboada

Premio do Xurado

Participantes:

Planos para tocar de Paz Freire Campo
Fichas para tocar e ver de Paz Freire Campo
Un futuro sen límites de Pilar Rego
A casiña dos recordos de Vanesa Lea
Viaaxando co meu amor cara o futuro de Laura Faro
Unha chave de abrir mentes de Aitor Rivera
Cultura inclusiva para romper prexuízos de Nicolás Morales Pereira
No hay un ellos, hay un
nosotros de Paula Verde Francisco
El placer de la virtud y capacidad de Charo Rodríguez Riobo
Jugamos todos de Nemesio Blanco Bascuas
A ritmo de la felicidad de Tymbals DiPercusion
Calentamiento de Helliot Baeza
Camerino de Helliot Baeza
Entre bambalinas de Helliot Baeza
Danzando de Helliot Baeza
Retrato 1 de Helliot Baeza
Retrato 2 de Helliot Baeza
Elenco de Helliot Baeza
A Cultura é así, segura de Antonio Barreiro Alonso
Cor de COGAMI – C.R.D. Fingoi
Delirio de colores de COGAMI – C.R.D. Fingoi
Tocando de COGAMI – C.R.D. Fingoi
Pulso de COGAMI – C.R.D. Fingoi
Pés en acción de COGAMI – C.R.D. Fingoi
Imos comer de COGAMI – C.R.D. Fingoi
Poñendo unha segunda ollada de Sheila Dean Otero
A arte nas miñas mans de Irene Vijande
A arte música desperta a natureza de Irene Vijande
E veña sombreiro de Irene Vijande
Berrándolle ao mundo que berramos máis que o sol de Sheila Dean Otero
Deixémonos levar de Luis Taboada Brea
La cultura inclusiva debe empezar en casa. SA, TEA de Araceli GD
Préstame de Luis Taboada Brea
A complicidade de Luis Taboada Brea
info

PROXIMAMENTE MÁIS INFO

SÍGUENOS NAS REDES

Organizan:

imaxe do logotipo do concello da coruña
imaxe do logotipo da fundación emalcsa
Colaboran:

imaxe do logotipo da fundación maría josé jove
imaxe do logotipo de vegalsa

Xestiona:

imaxe do logotipo de culturactiva