Queres ver como se realizou a sesión de fotos da exposición?

Actuacións anteriores:

Trailer: O reflexo da tartaruga
Proxecto Deseño e Son
Actuación de TresXCuatro
Actuación de Demusicade

Independentemente das nosas condicións físicas ou cognitivas, reivindicamos o dereito ao pleno goce da cultura. Queremos espazos normalizados para as nosas manifestacións artísticas e culturais fora do circuito terapéutico ou ocupacional.
SOMOS FESTIGUAL

PROGRAMACIÓN

Programa festigual.com 2020

Presencial + OnLine

Entrada de balde ata completar aforo e en streaming en festigual.com

• Concerto de DEMUSICADE
6 de novembro / 20.00 h.
Museo de Belas Artes da Coruña

Entrada de balde.
Reservas en mu.belas.artes.difusion@xunta.gal
ou 881 88 17 00 a partir do mércores 4

e en streaming en festigual.com

• Exposición “Unha mirada á diversidade” de Óscar Corral
Dende o 6 de novembro
Nas rúas e festigual.com

• Artes Escénicas Límites, de Experimentadanza + Diversos
11 de novembro / 19.00 h.
Teatro Rosalía

OnLine

• Pinchada a cargo de NEGUS “cabina inclusiva”
14 de novembro / 12.00 h.

• Concerto Obradoiro de Tres x Cuatro e Robert Pier
19 de novembro / 17.00 h.
En streaming en festigual.com

• Artes Escénicas de Poten100mos: metaMorfosis
26 de novembro / 20.30 h.
Teatro Rosalía

• Presentación do proxecto Deseño e Son da Asociación Zalaeta
27 de novembro / 19.00 h.
Domus

• Estrea da curta de de MÁSCARAS: O Reflexo da Tartaruga
28 de novembro / 12.00 h.
Centro Ágora

• Concerto de Sisters in the House
28 de novembro / 19.00 h.
Centro Ágora

O programa de Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña favorece a inclusión e a accesibilidade das persoas na vida cultural e artística, excluíndo calquera barreira ou impedimento que dea lugar á discriminación.
FACEMOS FESTIGUAL

EXPOSICIÓN

Unha mirada á diversidade
de Óscar Corral

PROXECTOS

Participa

Asociación Non Gubernamental que desenvolve proxectos que fomentan a incorporación social de persoas en situación de risco social.

Negus

Asociación cultural que co seu proxecto DJ Inclusivo organiza obradoiros para persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social, ofrecendo as ferramentas e coñecementos necesarios para poder levar a cabo unha sesión de música.

SAN

Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome está interesada na creación e o desenvolvemento de proxectos culturais comúns.

S8

A Asociación Cultural S8 traballa co cine como ferramenta de inclusión a través de proxectos como XPRESA.

Máscaras

O Proxecto Máscaras fomenta a participación e a integración da diversidade no espazo público a través do audiovisual.

Foto de Carlota Perez de Experimentadanza

Experimentadanza

Experimentadanza é unha compañía de danza-teatro
e inclusión social que a través do traballo artístico crea unha interconexión entre todas e todos os participantes, potenciando as capacidades creativas de cada persoa.

Foto de alumnos Deseño e Son

Deseño e Son

Proxecto de colaboración creativa entre grupos diversos, coordinados por docentes do IES Ramón Menéndez Pidal, o CEE de Aspronaga e o de Aspanaes, e abertos a toda a comunidade con actividades de integración, de visibilización e de divulgación.

Rogelio Graba, entrevista Asociación Demusicade

Demusicade

Demusicade é unha asociación para o desenvolvemento da cultura musical na infancia para colectivos desfavorecidos e en risco de exclusión cultural.

Entrevista Asociación Tres por Cuatro

TresXCuatro

A música inclusiva é a razón de ser de Tres por cuatro. Esta asociación coruñesa que forma parte de Festigual realiza obradoiros de música inclusiva con diferentes entidades nos que este ano están a traballar as emocións da man do músico-terapeuta Rober Pier.

Marisa Fernández do colectivo Mundo sen guerras e sen violencia

MSG

Mundo Sen Guerras e Sen Violencia é un movemento social cuxo obxectivo é a creación dunha conciencia non-violenta mundial, que loita por un mundo sen violencia non só física, senón tamén económica, racial, relixiosa, sexual, psicolóxica e moral.

Ana Vasco, membro da asociación de amigos do museo de belas artes da coruña

Belas Artes

A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes saca a arte do museo para facela accesible a todo o mundo, facendo a cultura máis inclusiva a través da realización de obradoiros con entidades sociais.

Soc. Filatélica

Traballan para a expansión e fomento do coleccionismo de selos. Promoven a cultura inclusiva coa programación e realización de actividades culturales en colaboración con diferentes entidades locales.

Poten100mos

Asociación sen ánimo de lucro que traballa para o desenvolvemento persoal e a inclusión social e laboral de todas as persoas en situacións de vulnerabilidade física, psicolóxica e/ou social de xeito integral.

Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.
QUEREMOS CULTURA
QUEREMOS FESTIGUAL

Festigual is at A Coruña.

1 month 4 days ago

Grazas por outro ano de FESTIGUAL!! 🧡💛💚💜 Estamos tremendamente emocionados e emocionadas polos resultados e a implicación de todas as persoas que fan isto posible.

Festigual

1 month 1 week ago

📸🥇 E o Premio do Público do Concurso Cultura Inclusiva Festigual 2021 foi para… "AMOR EN DIVERSIDAD” de Antonio García! A verdade é que é

Festigual

1 month 1 week ago

📸 Xa temos foto gañadora do Premio do Xurado do Concurso Cultura Inclusiva Festigual 2021! “Yo&Tod”s” de @orzan_wave foi a elexida. Noraboa! E noraboa tamén

Festigual

1 month 1 week ago

💛🔵🔺🟩 Xa podedes votar o premio do público do II #ConcursoCulturaInclusiva! Tedes ata o día 8 de decembro. Como? 👉 Encontraredes as imaxes nas nosas

Festigual

1 month 2 weeks ago

🟢🟦🔶🔻 Hoxe é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Hoxe reivindicamos xuntas baixo unha mesma idea: “O liderazgo e participación das persoas con discapacidade

Organizan:

imaxe do logotipo do concello da coruña
imaxe do logotipo da fundación emalcsa
Colaboran:

imaxe do logotipo da fundación maría josé jove
imaxe do logotipo de vegalsa
Xestiona:

imaxe do logotipo de culturactiva